Saturday 06 de July de 2024

O mercado de Aguiño reanuda a súa actividade o vindeiro luns 27 de maio 


O mercado municipal de Aguiño volverase a celebrar tódolos luns en horario de 7 a 3 da  tarde, dende o 27 de maio ata o 16 de setembro na rúa Castelao. 

O mercado contará con postos de venda de froitas, verduras e produtos textís. A reanudación  do mercado non só pretende facilitar o acceso a produtos frescos e saudables, senón tamén  apoiar aos produtores e comerciantes locais, promovendo así un consumo máis sostible e  local. 

“Non só se trata de fomentar a venta local, se non tamén de crear un espazo onde os  residentes poidan interactuar, un punto de encontro para a comunidade” explica Vicente  Mariño, tenente de alcalde e concelleiro de Mercados Municipais.